Camoga s.l.  Obras e construcións

Camoga s.l. obras e construccións é unha empresa con ampla experiencia no sector da construción e da rehabilitación. Fundada en abril do 1996, é coñecida na zona de Ferrol pola súa traxectoria de alta calidade e garantía.

Reliza traballos de construción, rehabilitación, albanelaría, fontanería, electricidade, carpintería, mantemento e servizos.

Camoga s.l. obras e construcións está presente en obras de todo tipo, executando tanto obra pública como obra privada, xa que conta cós mellores traballadores no noso plantel.

Estes traballadores son profesionais experimentados, tanto o noso equipo interno coma os nosos colaboradores e distribuidores, son os mellores no seu campo, facendo posible que ofrezamos un servizo pos venda de primeira calidade. A nosa política é a obtención da mellor calidade/prezo, cumprindo cós prazos de execución previstos.

Camoga s.l. obras e construcións
Traballadores de Camoga s. l. a pé de obra na rehabilitación da fachada dun edificio de vivendas en Ferrol

Recursos humáns Camoga s.l.

Camoga s.l. obras e construcións dispón de persoal altamente cualificado e especializado. A súa equipa está distribuido en tres departamentos:

O departamento de administración: encargado da dirección e a xestión empresarial e económica.

O departamento técnico: cuxa maior preocupación é a calidade e a seguridade, asegurando sempre unha boa execución e o cumprimento das normativas pertinentes en cada un dos pasos da obra.

O departamento de producción: ao que pertence a maior parte da equipa, constituida polos mellores especialistas en albanelaría, fontanería e electricidade.

A nosa experiencia e solvencia fai que contemos con colaboradores de alta calidade para complementar os nosos servizos.

Camoga Obras e Construcións, Ferrol
Persoal de Camoga s.l. Obras e construcións, Ferrol

Infraestrutura Camoga s.l.

En Camoga s.l. obras e construcións contamos coa nosa própria flota de vehículos tanto de transporte como para o seu uso a modo de ferramenta de traballo.

As nosas ferramentas son de alta calidade e estamos en continua renovación tecnolóxica, actualizándonos para acadar a máxima calidade, eficiencia e confort, tanto para os nosos clientes como para os nosos operarios.

Nas nosas instalacións dispoñemos das últimas tecnoloxías para realizar calquer tipo de traballo e para realizar as continuas formacións precisas para que os nosos operarios esteñan actualizados en materia de seguridade e calidade, garantindo unha execución impecábel.

Dispoñemos de almacéns de materiais, un deles dentro do noso local de oficinas e vestiario, con parte do mesmo destinado a obradoiro. Tamén contamos cun solar para acopio de materiais.

Reparación de carbonatación en fachada de ladrillo macizo.
Reparación de danos e estrutura auxiliar para soportar paneles trespa.
Camoga s.l. Obras e construcións Ferrol

30 anos de experiencia no sector da CONSTRUCIÓN en Ferrol

Obras de construción, reformas, rehabilitaciones e traballos de mantemento.

Calidade, seriedade, solvencia e adaptación as necesidades dos clientes.

Ponte en contacto con nós e solicita orzamento sen compromiso.