Proxectos

Obra pública

Camoga executa numerosas obras e servizos de mantemento para organismos públicos e privados: Deputación da Coruña, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Concello de Ferrol, pabellóns polideportivos, colexios, institutos, Fundación Ferrol Metrópoli, A.F.A.E.S. Portanova, Cociña económica,…

Ampla experiencia en centros de ensino, dende fai anos executáronse obras con regularidade para I.E.S. As Telleiras, I.E.S. Concepción Arenal, I.E.S. Ferrolterra, E.P.A.P.U. Santa María de Caranza, I.E.S. Terra de Trasancos, I.E.S. Ricardo Carballo Calero, C.E.I.P. Cruceiro de Canido,…

Servizos integrais, mantemento, ampliacións, reformas, construcións en xeral, reparacións e rehabilitacións de edificios existentes, instalacións, vías públicas, parques, aparcadoiros, obras de urbanización, renovación das instalacións públicas de iluminación e saneamento,…

Destacamos pola eficacia e rapidez de intervención ante estados de emerxencia como roturas, fugas e problemas nas instalacións e envolventes de edificacións expostas a condicións meteorolóxicas adversas (alta experiencia resolvendo danos producidos polo vento e a choiva).

Camoga co seu amplo e variado historial de intervencións exitosas, trátase dunha das mellores opcións con capacidade para acometer obra pública de calquera estilo ou dimensións coa maior calidade e garantía.