SERVIZOS

Obra pública e civil

Executamos numerosas obras e servizos de mantemento tanto para organismos públicos: Deputación da Coruña, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Concello de Ferrol, pavillóns polideportivos, colexios, institutos,… como para organismos privados: Fundación Ferrol Metrópoli, A.F.A.E.S. Portanova, Cociña económica,…

Ampla experiencia en centros de ensinanza: I.E.S. As Telleiras, I.E.S. Concepción Arenal, I.E.S. Ferrolterra, E.P.A.P.U. Santa María de Caranza, I.E.S. Terra de Trasancos, I.E.S. Ricardo Carbalho Calero, C.E.I.P. Cruceiro de Canido,…

Os traballos que estamos capacitados para realizar abarcan un amplo abano: servizos integrais, mantemento, ampliacións, reformas, construcións en xeral, rehabiliracións e reparacións de edificios existentes, actualización de instalacións, vías públicas, parques, aparcamentos, obras de urbanización,…

Destacamos pola nosa rapidez de intervención ante estados de emerxencia, como roturas, fugas e problemas nas instalacións e edificacións expostas a condicións meteorolóxicas adversas (vento e choiva persistentes).

A nosa experiencia é unha das mellores opcións para acometer obra pública de calquera estilo e dimensión. Temos capacidade para cubrir calquera tipo de necesidade dos nosos clientes adaptándonos ás súas preferencias.

Construción pasarela As Telleiras Narón
Construción porche Colexio A Gándara
Construción e rehabilitación vivenda Ferrol
Construción e rehabilitación vivenda Ferrol

Rehabilitación e obra nova

Co paso do tempo Camoga s.l. obras e construcións fíxose oco entre as empresas especializadas en rehabilitación e obra nova, sendo a día de hoxe unha das mellores da zona de Ferrolterra.

Executamos obras tanto en vivendas unifamiliares como en edificios de vivendas en centros históricos (Barrio da Magdalena e Ferrol Vello).

Temos experiencia no traballo con materiais nobres, como a madera maciza e produtos cerámicos de calidade, combinada coa impermeabilización, illamento, técnicas de acabado varias e unha coidadosa posta en obra.

A nosa política neste senso é garantir a máxima calidade e durabilidade, respectando as características históricas da edificación e os seus elementos característicos.

Aplícanse tanto as técnicas más clásicas, para respectar estes elementos especiais, como as técnicas e materiais más avanzados, para lograr o illamento e confort interior desexado.

Tanto en obra nova como en rehabilitación sempre buscamos a mellor eficiencia enerxética, sen deixar de lado a importancia do acabado estético e o respecto pola conservación dos elementos singulares da edificación.